RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Catro adestramentos entre Abegondo e ABANCA-RIAZOR previos ao Dépor - Celta B

O Dépor comeza mañá a preparar o partido deste domingo 26 ás 19:00 en ABANCA-RIAZOR (TVG-2 e InSports.tv) ante o RC Celta B, correspondente á 29ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

A última fin de semana deixou a Os Nosos en 3ª posición da táboa con 51 puntos, a 1 punto do Racing de Ferrol (2º con 52) e a 5 do AD Alcorcón (líder con 56 puntos).

Óscar Cano disporá catro sesións de traballo matinais, dous delas en ABANCA-RIAZOR, xoves 23 e sábado 25.

Cada día que haxa actividade en Abegondo, o cadro reunirase para almorzar na instalación a partir das 09:00 horas.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 22 de marzo

10:30 h., Abegondo

Xoves 23 de marzo

10:30 h., ABANCA-RIAZOR

Venres 24 de marzo

10:30 h., Abegondo

Sábado 25 de marzo

10:30 h., ABANCA-RIAZOR

Domingo 26 de marzo

19:00: Deportivo - RC Celta B, en ABANCA-RIAZOR