RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#OSNOSOS

Catro adestramentos previos á UE Cornellà porque nun final moi igualado hai que traballar cada partido e ir un a un

Imanol Idiakez disporá de 4 sesións de adestramento matinais en Abegondo previos á visita á UE Cornellà prevista para o sábado 30 de marzo ás 16:00 (FEF TV) na Cidade Deportiva Dani Jarque, en partido correspondente á 29ª xornada no grupo 1º de Primera Federación.

Os resultados da fin de semana, co triunfo branquiazul en Majadahonda onte sábado (0-2), deixaron a Os Nosos á fronte da clasificación unha semana máis con 55 puntos por 54 do FC Barcelona Atlètic, 2º na táboa. Por detrás, con 51, veñen por esta orde Celta Fortuna (3º) e Nástic de Tarragona (4º). A SD Ponferradina marcha en 5ª posición con 50 puntos.

O técnico deportivista onte na sala de prensa do Cerro del Espino subliñou que o éxito pasa por "descansar (por hoxe) e preparar o partido de Cornellà, ir a Cornellà a gañar 3 puntos; e así semana após semana. Vai ser un final de liga moi igualado, estamos todos nun puño e hai que traballar cada partido e ir un a un. Agora imos descansar un pouco, gozar desta vitoria 1 ou 2 días e enseguida pómonos a preparar Cornellà, que é o seguinte e non podemos parar".

Así mesmo, Yeremay confesou que "temos moitísimas ganas de gañar todos os partidos que quedan porque son 9 e van ser todos moi fodidos. Temos saídas moi complicadas contra equipos de abaixo, vén o Barça B, veñen equipos moi bos. Estamos confiados en que podemos e ímolo a facer".

Cada día desta semana, o cadro está citada para almorzar ás 8:30 na propia Cidade Deportiva antes de saltar ao céspede.

Finalmente, o adestramento do venres adiántase ás 10:30 para, ao concluír, emprender viaxe a Barcelona.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Luns 25 de marzo
11:00 h.

Martes 26 de marzo
Descanso

Mércores 27 de marzo
11:00 h.

Xoves 28 de marzo
11:00 h.

Venres 29 de marzo
10:30 h.

Sábado 30 de marzo
16:00: UE Cornellà - Deportivo, na Cidade Deportiva Dani Jarque (Sant Adrià de Besós, Barcelona)