RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Catro sesións de traballo para Os Nosos previos á visita da UD Almería a ABANCA-RIAZOR

O Dépor, despois dos días de descanso de onte luns e hoxe martes, completará 4 sesións de traballo previas á visita da UD Almería a ABANCA-RIAZOR prevista para este domingo 9 de febreiro ás 18:30 (LaLiga TV Hypermotion).

Os resultados da última xornada, co triunfo en Eibar, deixou a Os Nosos en 12ª posición con 32 puntos.

Todos os adestramentos serán matinais, a partir das 11:00 no céspede, e na Cidade Deportiva. Cada día o cadro almorzará e comerá na propia instalación.

A planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Mércores 5 de febreiro
11:00 h.

Xoves 6 de febreiro
11:00 h.

Venres 7 de febreiro
11:00 h.

Sábado 8 de febreiro
11:00 h.

Domingo 9 de febreiro
18:30: Deportivo - UD Almería, en ABANCA-RIAZOR