Esta mañá foi a quenda dos nenos dos concellos de Cee, Corcubión, Dumbría e Fene, que participan no Campus 2002 de Fútbol patrocinado pola Deputación e organizado polo Deportivo, para coñecer as instalacións do Club herculino.
O mal tempo impediu que os nenos fosen ás instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo, pero aínda así gozaron coñecendo un pouco máis da historia do Estadio, visitando os Palcos VIP, a Praia Club, a Deportienda, o Palco de Autoridades e o céspede de Riazor.
Na Deportienda os mozos puideron fotografarse coa Copa do Rei lograda en marzo ante o Real Madrid.