RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cee súmase aos DéporCampus Cabreiroá tralo éxito da Escola RC Deportivo

Hoxe venres 11 de xuño celebrouse a presentación do DéporCampus Cabreiroá de Cee, que se realizará na localidade costeira a última semana deste mes de xuño.

Esta será a primeira edición deste campus despois do éxito da Escola RC Deportivo na comarca e coa que a Fundación RC Deportivo desexa seguir achegando aínda máis o Dépor e o deportivismo á Costa da Morte.

Á presentación, que tivo lugar no concello ceense, acudiron Margarita Lamela, alcaldesa de Cee; Juanma Buiturón, concelleiro de deportes de Cee; Ramón Iglesias, presidente do UC Cee; David Iglesias, coordinador das Escolas Luis Calvo; e Pablo Barros, director das actividades formativas da Fundación RC Deportivo.

A actividade está destinada a nenos e nenas desde os 6 aos 14 anos e terá un horario de 10:00 a 14:00 horas entre os días 28 de xuño e 2 de xullo.

Os interesados poden consultar toda a información da sede de Cee e realizar o proceso de inscrición até as 12:00 do xoves día 24 de xuño nesta ligazón.

Para calquera dúbida ou consulta coa súa inscrición, os interesados poden contactar directamente coa organización na dirección de correo electrónico deporcampus@rcdeportivo.es.