RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

CEIP Torrente Ballester e CEIP Alborada compartiron a segunda xornada de 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis' en Abegondo

Máis de medio centenar de alumnos de 6º de Primaria dos centros CEIP Gonzalo Torrente Ballester e CEIP Alborada gozaron na mañá de hoxe mércores dunha nova xornada do proxecto 'Os Nosos Valores-Escolas 110 % Branquiazuis', que tivo como escenario a Cidade Deportiva de Abegondo. Os estudantes compartiron parte da mañá con Raquel Béjar, defensa central do Dépor ABANCA, e David Simón, lateral dereito do Deportivo.

Antes do encontro cos xogadores, os alumnos puideron gozar de parte do adestramento do Deportivo e, posteriormente, recibiron unha charla acerca da historia do Dépor a cargo do xornalista de La Opinión de A Coruña Carlos Miranda, autor do libro '110 % Branquiazul', apoiado no arquivo recompilado polo ex conselleiro Pachy Dopico e que conta coa revisión e autorización por parte do RC Deportivo. A xornada acabou coa entrega de postais asinadas polos futbolistas e coa foto de familia na bancada do campo 1 de Abegondo.

A experiencia branquiazul dos alumnos destes centros de Sigrás (Cambre) e A Coruña concluirá no partido ligueiro do Dépor fronte ao Zaragoza, o domingo 16 de decembro ás 18:00 horas.