RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Celso Borges e Luisinho, doídos por unha derrota fraguada ''por dúas situacións puntuais''

  Celso Borges, autor do gol do Dépor, e Luisinho, analizaron o partido na zona mixta do Estadio de Riazor.

O internacional costarriqueño recoñece que o de hoxe "é deses partidos que desbasten. Doe non puntuar. Eu persoalmente saio bastante doído e os meus compañeiros tamén o están polo que pasou. É unha pena que nós tendo o control do xogo e levándoo por diante, ao final por dúas situacións puntuais perdamos o partido".
 
Apunta Celso Borges que "moito deste deporte é mental. A noite de hoxe será para facer loito, e o que queiras, pero xa mañá hai que levantarnos cun espírito traballador, gañador. A liga dáche golpes e hai que saber levalos". 
 
Pola súa banda, o lateral zurdo deportivista apunta que "estamos tristes. Sabiamos que era un partido difícil, sabiamos que necesitabamos o tres puntos en casa contra un adversario directo. Na primeira parte tiñamos o partido controlado e logo tiramos todo por terra".
 
Apunta Luisinho que "hai que esquecer este partido e pensar xa no próximo partido contra o Atlético".
 
O defensor branquiazul comentou que o Dépor  "conseguiu o máis difícil no primeiro tempo" ao marcarlle un gol ao Leganés, pero opina que na segunda metade, sobre todo co marcador en contra, "xogamos máis co corazón que coa cabeza".