RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Luismi Cruz ten "moitas ganas, moita ilusión desta temporada que nos vén por diante"

Luismi Cruz atendeu aos medios de comunicación finalizado o Trofeo Teresa Herrera ante Le Havre AC.

Mostrouse "moi contento por estes partidos de pretemporada pero agora chega o bo, o bonito, e con moitas ganas, moita ilusión desta temporada que nos vén por diante".

O carrilero branquiazul admite que "me estou adaptando a unha nova posición. Hai que adaptarse ao que pida o equipo. Estou moi contento por sumar minutos pero xa pensando no Granada CF e en conseguir os primeiros 3 puntos da temporada".

Finalmente, Luismi Cruz insiste en que está "moi contento desde que cheguei á cidade. Os compañeiros novos recibíronme moi ben. A todos os novos recibíronnos xenial. Estou moi contento por iso".