RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Ainhoa Marín: "Foi un partido moi completo de todo o equipo"

Ainhoa Marín pasouse pola zona mixta de ABANCA-RIAZOR após ser elixida MVP da 13ª edición feminina do Trofeo Teresa Herrera.

A atacante deportivista cre que ante o SC Braga foi "o mellor partido que fixemos como equipo. Estou realmente feliz porque era o que quería o ano pasado: máis protagonismo co balón, enganchar a #ANOSAFORZA. Gustoume o que vin".

Asegura que en ABANCA-RIAZOR "sentimos a gusto, futbolistas. O campo está espectacular. #ANOSAFORZA sempre tira. Encántame xogar aquí e a todo o equipo o mesmo".

Ainhoa Marín insiste en que, a pesar de ser ela nomeada mellor xogadora, "estivemos todas especialmente moi ben. Grazas o traballo dos xogadores de mediocampo e en defensa puidemos brillar un pouco máis. Foi un partido moi completo de todo o equipo".