Os deportivistas César e Manel foron convocados pola selección
asturiana para disputar, o vindeiro sábado 28 de decembro, un amigable en Avilés
ante a selección de Honduras. O encontro comezará ás 19 horas.
Tamén os deportivistas Luque, Capdevila e Sergio participarán con Cataluña
nun amigable ese mesmo sábado 28 de decembro, no Camp Nou, ante
China. Este encontro arrincará ás 21.15 horas.