RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Chamamento do Consello de Administración, persoal e corpo técnico

O Consello de Administración, Persoal e Corpo Técnico queren facer un chamamento a todo o deportivismo para que reciban con exquisita deportividade á expedición dun gran equipo como é a Valencia, que este fin de semana será o rival na liga.

A afección do Deportivo é a posuidora da única Copa Foronda que se outorgou na historia do fútbol español, premiando á afección máis deportiva de España. E todos os estamentos do Club piden a todos os deportivistas que o vindeiro sábado, nun partido que se verá en toda España e algúns países estranxeiros, Riazor sexa un exemplo en todos os sentidos. O club pide máis que nunca que se anime ao Deportivo ante un dos mellores equipos de Europa desde o minuto uno ao noventa pero con deportividade.