RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cinco sesións entre Abegondo e ABANCA-RIAZOR antes de recibir o domingo ao Real Valladolid Promesas

O Deportivo completará desde mañá martes cinco sesións de adestramento antes de recibir o domingo 12 de decembro (17:00 horas, Footters) ao Real Valladolid Promesas en ABANCA-RIAZOR, en partido correspondente á 16ª xornada no grupo 1º de Primeira RFEF.

Os branquiazuis mandan na categoría con 31 puntos por 27 dos seus inmediatos perseguidores: Real Racing Club, CF Rayo Majadahonda e UD Logroñés. Por contra, o filial valisoletano marcha, con 14 puntos, en décimo sexta posición, en zona perigosa da táboa, aínda que vén de golear ao segundo clasificado (3-0).

Catro das cinco sesións previstas por Borja Jiménez serán en Abegondo a partir das 11:00, con almorzo previo para o cadro na instalación a partir das 9:00. Haberá unha, o sábado 11, en ABANCA-RIAZOR a porta pechada, co mesmo horario de comezo.

Así pois, a planificación semanal, sempre susceptible de sufrir variación por razóns técnicas, é a seguinte:

Martes 7 de decembro
11:00 h., en Abegondo

Mércores 8 de decembro
11:00 h., en Abegondo

Xoves 9 de decembro
11:00 h., en Abegondo

Venres 10 de decembro
11:00 h,, en Abegondo

Sábado 11 de decembro
11:00 h., en ABANCA-RIAZOR, a porta pechada

Domingo 12 de decembro
17:00. Deportivo - Real Valladolid Promesas, en ABANCA-RIAZOR