RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
ALEVÍN A

Cita ligueira este martes 21 ás 19:00 en Arteixo para o Alevín A após o seu brillante subcampeonato no torneo KHS Tournament Malta

O Alevín A disputará o seu partido de liga correspondente á 4ª xornada da Primera Futgal A Coruña ante o Atlético Arteixo este martes 21 de outubro ás 19:00 en Ponte dos Brozos.

O motivo do cambio de data foi a participación do conxunto branquiazul a pasada fin de semana no torneo KHS Tournament Malta, no que acabou nunha brillante segunda praza (na foto da noticia o acto de entrega de trofeos).

Na competición ligueira, os pupilos de Alberto Suárez suman 6 puntos, situados na 5ª posición da táboa a falta dese partido ante os arteixáns.

Pola súa banda, o Atlético Arteixo é 14º, de momento con 0 puntos.