RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Claudio Beauvue non continuará no RC Deportivo

Claudio Benoît Beauvue (Saint-Claude, Guadalupe, 16 de abril de 1988) non continuará xogando no RC Deportivo. O dianteiro guadalupeño chegara ao Dépor no mercado de inverno da temporada 2019-2020 e pecha a súa etapa na Coruña con 1.050 minutos repartidos en 28 encontros nos que anotou 3 goles.

O Real Club Deportivo quere agradecer sinceramente a Beauvue o seu traballo e aposta polo Dépor en momentos complicados, desexándolle os maiores éxitos nos seus futuros proxectos profesionais e persoais.