O recentemente ascendido Deportivo B será presentado este martes, pola tarde no Estadio de Riazor. Comeza así a pretemporada, a do retorno a Segunda División B. Os xogadores que dirixe José María Branco están citados ao cinco e media da tarde para comezar
O Fabril da tempada 2000-20001 conta coas novidades de Mauricio Rei, Mauri, dianteiro de 20 anos procedente do Coslada, Miguel Anxo Santaelena Augado, tamén dianteiro de 22 anos que chega do Real Madrid B, Javier Gómez Cifuentes, do Albacete, centrocampista internacional de 19 anos e Miguel Anxo García Tebar, de 20 anos, tamén procedente do Albacete, centrocampista que participou coa selección sub-18 no último campionato do mundo da categoría. Estes son os reforzos de face a unha campaña que os de José María Branco exponse con gran ilusión. Os dous primeiros xogadores foron fichados por dúas tempadas mentres que os dous últimos veñen cedidos por un ano con opción de compra.
Ao acto asistirá Francisco Dopico, membro do Consello de Administración do Deportivo encargado das categorías inferiores do Club así como das Penas.