RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Comida de confraternidade en homenaxe a Cristino Álvarez

Como era habitual nos inicios de tempada, o Club celebraba unha comida de confraternidade entre as persoas que integraban os distintos segmentos do Deportivo. No acto rendeuse homenaxe a Cristino Álvarez, que fora durante 18 anos Secretario da Federación

Celebrouse unha comida de confraternidade.
PLENA ACTIVIDADE DO DEPORTIVO ANTE A PRÓXIMA TEMPADA.

Como xa é tradicional, con motivo da iniciación da tempada, o Deportivo celebrou unha comida de confraternidade, á que asistiron directivos, técnicos, xogadores, empregados e representacións dos medios de difusión, socios e Pena Deportivista.

O acto foi aproveitado para render unha sinxela homenaxe a don Cristino Álvarez Hernández, que durante 18 anos foi Presidente da Federación Galega de Fútbol. O señor Álvarez Rodríguez, en nome do Deportivo, fíxolle entrega dunha placa de prata ao señor Álvarez Hernández, pronunciando ambos sentidas frases.

A comida transcorreu nun ambiente de grata camaradería branquiazul, que tivo o colofón adecuado nas palabras do Presidente deportivista, con recordos emocionados para don Ramón de Chairo e Martín; o noso compañeiro nas tarefas xornalísticas, Manuel Ponche Patiño; o ex xogador Paco González e o empregado do Club, José Manuel Barbeito, todos eles falecidos ultimamente.

Tratou o Presidente doutros temas de interese e despois seguíronlle no uso da palabra, o alcalde da cidade, don José Manuel Liaño Flores; o asesor relixioso, pai Taboada; o socio número uno do club, don Virgilio Rodríguez Recuncho; o noso compañeiro Manuel Hernández en representación dos medios de difusión e o vicepresidente da directiva, don Anxo Ron Fraga. Por certo, que este anunciou a todos os presentes a baixa do xogador Cocco, o cal recibiu unha cariñosa ovación de despedida, ao serlle entregada unha insignia do Deportivo.