O Deportivo impúxose ao Compostela con goles de Amavisca, Sergio, Tristán e Pablo Amo, mentres que o gol do Compostela marcábao Anxo.
O Deportivo formou de inicio con: Juanmi, Manuel Pablo, Andrade, Naybet, Capdevila, Mauro Silva, Sergio, Víctor, Amavisca, Tristán e Pandiani.
O primeiro gol do partido chegaría no minuto catro por medio de Amavisca que rematou un centro de Pandiani pola dereita.
O Compostela empataría por medio de Anxo no minuto 12, pero Sergio adiantaba de novo ao Deportivo no 18.
Na segunda parte entraron Molina, Romeu, Jaime, Scaloni, Héctor, Djorovic, Pablo Amo e Valerón.
No minuto 20 ambos os equipos quedaban con 10 xogadores tras a expulsión por cartón vermello directa de Duscher e Fabiano tras unha disputa entre ambos os xogadores. Posteriormente entraría no campo César por Amavisca.
O terceiro gol chegaría tras unha xogada de Valerón que tras regatear a dous defensas metía para Scaloni que disparaba, o rexeite do porteiro aproveitouno Tristán para subir o terceiro ao marcador. Xa no tempo de desconto chegaría o cuarto nunha magnífica chilena de Pablo Amo tras un saque de falta.