RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Comunicado do Real Club Deportivo

Após a celebración da Xunta Xeral da Sociedade do pasado 17 de decembro, na que o accionista Fernando Vidal Raposo anunciou un acordo con ABANCA e a presentación da súa candidatura a formar parte do Consello de Administración do Real Club Deportivo da Coruña, SAD; e despois de 10 días nos que na sede social non se presentou ningunha outra candidatura, os membros do actual Consello de Administración decidiron renunciar aos seus cargos para que as súas vacantes sexan ocupadas por accionistas membros da candidatura, encabezada por Fernando Vidal, presentados na mañá de onte.

Con esta decisión, os membros do Consello de Administración saínte pretenden facilitar que os novos conselleiros poidan iniciar inmediatamente o seu traballo e operar no mercado de xaneiro.

Após a formalización da substitución, o novo Consello queda conformado do seguinte modo: Juan Antonio Armenteros Cuetos (presidente), José Luis Queijeiro Fuentes (secretario), Manuel José Vázquez Martínez, Federico García Poncet, Ricardo González Fernández e Argimiro Vázquez Guillén.

Este novo Consello de Administración dirixirá a Sociedade até o próximo 14 de xaneiro, momento no que se celebrará a Xunta Extraordinaria de Accionistas.

Desde o Consello de Administración saínte lémbrase que os cambios realizados en nada afectan á posibilidade de que calquera persoa poida concorrer e presentar a súa candidatura ás eleccións do próximo día 14 de xaneiro.