RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Configuración do departamento de captación do Deportivo para esta temporada

O departamento de captación do Real Club Deportivo reconfigurouse esta temporada para atender á situación actual do Club e ás súas necesidades cunha ordenación diferente á da pasada campaña. O departamento, dependente da dirección deportiva, do mesmo xeito que o Fútbol Profesional e o Fútbol Formativo do Club, está formado por unha decena de profesionais que se distribúen tanto o alcance do seu seguimento como as áreas a cubrir de forma presencial.

Deste xeito Ángel González Becerra encárgase do seguimento do fútbol nacional, Alejandro Varela do fútbol internacional e Carlos Rosende do fútbol formativo.

Este tres grandes áreas complétanse coa presenza sobre o terreo dunha rede de observadores en toda a península:
- Galicia: Martiño Botana (benxamín, alevín e infantil), C. Ballesta, Miguel Santiago (cadete e xuvenil) e A. Gómez (fútbol semi profesional e profesional).
- Cataluña: Cristian García.
- Comunidade Valenciana: Tato Jiménez Sahuquillo.
- Madrid: Pepe Fernández.
- Andalucía: Rafael Rivera.