RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
#ANOSAFORZA

Conselleiros do Deportivo visitan o Lar Galego de Sevilla

A Biblioteca do Lar Galego de Sevilla acolleu, horas antes do partido entre o Sevilla FC e o RC Deportivo, o encontro dos conselleiros do Deportivo Martín Pita e Daniel Ramos con membros do Lar, encabezados polo seu presidente, Alfredo Otero. Xunto a el, o vicepresidente, José Manuel Gil, o secretario, José Antonio Otero e varios membros da xunta directiva, entre eles o responsable de deportes, Antonio Patiño e o responsable de relacións públicas José María Ayala Rodríguez. O colaborador da Revista Anduriña do Lar e responsable da crónica deportiva, José María Ayala Ayala e a directora de comunicación e da Revista Anduriña, Marián Campra tamén acudiron á cita.

Acompañados por socios do Lar afeccionados ao fútbol, os directivos do Dépor regalaron unha camiseta co nome do Lar Galego e asinada por todos os xogadores do equipo xunto a unha bandeirola e varias insignias do Club. Pola súa banda, o presidente do centro andaluz entregou aos conselleiros como obsequio un prato do Lar onde se recolle a efeméride dos 60 anos que cumpriu esta institución o pasado mes de novembro de 2016.

O encontro entre os conselleiros do Deportivo e os directivos do Lar foi moi distendido e nel se falou non só de fútbol senón das dúas entidades, da traxectoria do Club e das actividades e función que cumpre cada día a Casa dos Galegos en Sevilla.