A media tarde de hoxe o presidente do R.C. Deportivo, Augusto César Lendoiro, remitiu un fax a Miguel García, presidente do Hospitalet, no que se lle comunica que o R.C. Deportivo ?xa se desprazou a Barcelona para dar cumprimento á resolución federativa e
Ademais, Lendoiro indícalle que ?unha vez coñecido o resultado do sorteo, interesei dos servizos técnicos do club un informe referido á circunstancia do campo sintético, sendo a opinión xeneralizada de que esa superficie podería ocasionar determinados prexuízos físicos aos xogadores, o que nos levou a notificar posteriormente á Real Federación Española o noso desacordo a xogar nese campo, dado que, por outra banda, ata agora (hoxe, 16:39 horas), non recibiramos comunicación respecto diso por parte de vostedes?.