Juanmi, Dani, Scaloni, César, Naybet, Romeu, Héctor, Donato, Mauro, Sergio, Duscher, Acuña, Capdevila, Víctor, Fran, Makaay, Diego e Luque son os convocados por Javier Irureta para o encontro de Liga de Campións ante o Bayern.
Javier Irureta destacou que todos os homes convocados atopábanse ben tras o adestramento desta mañá. Así mesmo o técnico fixo fincapé na transcendencia do partido ante o Bayern "para nós e para eles". Irureta apelou unha vez máis ao efecto Riazor "estamos en casa e necesitamos máis que nunca que o público nos entenda e apoie".
O adestrador do Deportivo admitiu que a vitoria co Raio daba moral ao equipo "o gañar, no aspecto psicolóxico, sobre todo tras varios resultados adversos, significa moito."