RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
FUNDACIÓN

Convocatoria de Mobilidades Erasmus para persoal experto

A Fundación Real Club Deportivo da Coruña SAD realiza unha convocatoria co obxectivo de seleccionar a un experto para participar nun programa de mobilidade internacional Erasmus+ KA171 impartindo docencia en facultades de deportes de institucións de educación superior de Albania na área do deporte (Coordinador de fútbol internacional do Deportivo A Coruña).

Esta convocatoria ten como finalidade o dotar ás organizacións de educación superior de Albania e ao seu persoal, de coñecementos e competencias relacionados con Scouting e coordinación de Fútbol.

O participante seleccionado realizará unha mobilidade á institución de educación superior de Albania Universitet Aleksander Xhuvani Elbasan durante o presente curso académico. As datas da mobilidade serán desde o 6 ao 10 de febreiro de 2025.

Requisitos de participación:

- Ser persoal dunha organización pública ou privada (á que non se concedeu unha BOTE) que se atope activa no mercado de traballo ou nos ámbitos da educación, a formación, a mocidade, a investigación e a innovación

- Ter coñecementos e experiencia demostrada a área sinalada: Desenvolvemento de proxectos educativos a través o fútbol

- Ter coñecementos da lingua inglesa, lingua na que se impartirá a docencia

Criterios de selección:

·      Nivel de coñecementos e experiencia demostrada na área sinalada

·      Experiencia en deseño e participación en proxectos educativos internacionais.

·      Dominio da lingua inglesa

Duración e condicións da mobilidade:

·      A mobilidade terá unha duración de 7 días, incluíndo os días de traballo real e 2 días considerados como a duración da viaxe.

·      A mobilidade realizarase durante o curso académico 2024-2025.

·      Os participantes recibirán financiamento para cubrir os gastos de viaxe e estancia conforme á normativa do Programa de Mobilidade KA171 no marco do Programa Erasmus+.

Proceso de selección:

As solicitudes deben ser enviadas a fundacion@rcdeportivo.es antes do xoves 30 de xaneiro de 2025. Notificarase persoalmente aos seleccionados mediante correo electrónico.