RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Convocatoria urxente e extraordinaria de probas de acceso ao Curso de Adestradores do Deportivo

A Consellería de Educación confirmou ao Real Club Deportivo a concesión extraordinaria dunha nova convocatoria para as probas de acceso ao curso de Técnico Deportivo en Fútbol para o curso 2020-2021. As probas terán lugar nas instalacións da Cidade Deportiva de Abegondo o vindeiro xoves día 24 de setembro a partir das 10:00 horas. O prazo para presentar a documentación necesaria conclúe o martes 22.

Os interesados en ampliar información e en realizar a preinscrición deben porse en contacto urxente con Miguel Gamallo a través de miguel.gamallo@rcdeportivo.es ou o teléfono 689 618 558.