RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS7 mai 2025

Cristian Herrera pide "gozar deste obxectivo primeiro cumprido, que custou moito"

Cristian Herrera pasouse esta mañá pola sala de prensa de Abegondo.

Lamentouse "porque o equipo en certas ocasións puido ter unha regularidade en ABANCA-RIAZOR que non tivo. E eses puntos posibilitaríannos estar máis arriba. Non podemos ser mal agradecidos e gozar deste obxectivo primeiro cumprido, que custou moito; e quedar o máis arriba posible".

Confesa que "desde que cheguei o primeiro día dixen que viña con ilusión para achegar ao grupo, que viña con gran dinámica do ano pasado. Esperaba participar máis pero as cousas déronse así. Estiven preparado cando se me deron minutos e estou contento a nivel global porque o primeiro obxectivo do equipo está cumprido".

O atacante deportivista admite que "todo xogador quere xogar pero somos profesionais, dedicámonos a isto e temos que estar preparados sempre para o que nos toque. Esa é a mentalidade. Haberá anos que xoguemos 40 partidos, haberá anos que xoguemos menos pero o importante é sempre manter a regularidade e demostrar que somos profesionais no día a día".

Cristian Herrera afirma sobre Óscar Gilsanz que "o primeiro obxectivo do equipo era salvarse e ao final fixémolo. O míster influíu a ben no equipo porque conseguiu o obxectivo".

Así mesmo, confirma que seguirá un ano e desexa "obviamente xogar máis do que estou a xogar, axudar e estar comprometido co equipo como desde o primeiro día que cheguei".

Titular a pasada fin de semana ante o Albacete Balompié, dixo verse "ben. Nótase que non parei de traballar no día a día. Nos entrenos sempre me esixo ao máximo e o outro día foi un gran partido non só porque puiden xogar senón porque o equipo en ABANCA-RIAZOR gañou cun gran resultado".

Do Sporting de Gijón, rival este sábado 10 de maio ás 16:15 en El Molinón (LaLiga TV Hypermotion), destaca que "nos vai a pór as cousas moi difíciles. Está a pelexar por salvarse. Para eles vai ser unha final e para nós, que xa temos ese primeiro obxectivo cumprido, temos que ir igualar a súa intensidade e a gozar dese ambiente, dese campo, que sen dúbida é un campazo".

Cristian Herrera vaticina pois "un partido bonito porque é na súa casa; porque #ANOSAFORZA, onde quere que sexa, sempre enche o sector visitante e é unha pasada poder contar con eles. Esperemos darlles unha alegría en El Molinón".