RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Cristóbal fixo fincapé esta mañá no traballo defensivo

O Deportivo regresou aos adestramentos esta mañá en Abegondo, coa mente posta na visita do CD Leganés ao Estadio ABANCA-RIAZOR, este sábado 9 de decembro (18:30 horas, Bein LaLiga), na 15ª xornada de LaLiga Santander.

Cristóbal Parralo incidiu no traballo defensivo cos catro defensas do partido do pasado sábado no Estadio Sánchez Pizjuán ante o Sevilla: Juanfran, Schär, Sidnei e Fernando Navarro.

A fría aínda que asollada mañá na Cidade Deportiva arrancou na sala de vídeo e continuou nun dos ximnasios da Cidade Deportiva con tarefas de forza. De regreso ao céspede, os futbolistas realizaron un exercicio de posesión e, para concluír, fútbol con porterías pequenas.

Bakkali adestrouse con normalidade, aínda sen alta médica. Luisinho e Bruno Gama estiveron co readaptador, Fran Molano; mentres que Fede Cartabia, que esta semana será baixa por acumulación de cartóns amarelos, e Arribas adestráronse no ximnasio. O arxentino ten estes días un adestramento específico, susceptible de ser sometido a exames médicos nos próximos días, e o madrileño arrastra unhas molestias leves no seu pé dereito.

Mañá mércores 6 de decembro, o adestramento será en Abegondo a partir das 11:00 horas.