Cristóbal: "O vestiario está doído, amolado por como perdemos"
Cristóbal Parralo manifestou na sala de prensa do Estadio Santiago Bernabéu que "é difícil explicar á afección cando o teu equipo perde como perdemos hoxe aquí".
O técnico deportivista advirte que "me sinto responsable e agora tentaremos virar todo o ocorrido e pensar no próximo partido, que é moi importante".
Cre que a partir do segundo gol, o Real Madrid "foi moi contundente, foi superior e pouco máis hai que dicir". "O marcador o di todo", conclúe Cristóbal.
O partido deixa ao adestrador branquiazul unha sensación "mala. Viñemos aquí a competir, a tentar darlle unha alegría á nosa afección, a tentar fortalecernos animicamente para todo o que vén. Non foi así, o vestiario está doído, amolado por como perdemos. Hai que levantar aos xogadores e tentar que se recuperen en todos os sentidos".