RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Dani Barcia sente orgulloso do equipo e Pablo Vázquez viu moi bonita a unión con ANOSAFORZA

Os centrais, Dani Barcia e Pablo Vázquez, foron os protagonistas na zona mixta de ABANCA-RIAZOR.

O futbolista coruñés sente "moi orgulloso polo equipo, polo traballo que fixo durante a semana e polo que pasou hoxe. Persoalmente estou moi contento por sumar 90 minutos e por facer un bo papel".

Agradeceu a confianza de Imanol Idiakez e resalta que "xogar en ABANCA-RIAZOR é o meu soño desde sempre. Levo aquí 15 anos e sempre quixen xogar neste campo".

Dani Barcia insiste en que os canteiráns "temos que traballar, que é o que vimos facendo desde principio de temporada e cando nos dean a oportunidade, aproveitala. Creo que é o que estou a facer".

Así mesmo, Pablo Vázquez viu "un partido redondo. Todo o mundo estivo enchufado. Desde o principio a por o partido, a por eles, e esa sensación é a que quixemos dar a #ANOSAFORZA e estivo connosco. Foi un tándem perfecto".

Na súa opinión, "#ANOSAFORZA quere, esíxenos e cando estamos ben e correspondémoslles están como hoxe, entregados. Foi moi bonita a unión. Arrincamos a segunda volta demostrando que queremos e imos a por iso".

Finalmente o defensor deportivista subliña que "hoxe era un partido moi importante, sinalado. Coincide que entramos en play off, ou sexa que todo perfecto".