RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

O Dépor volve ao traballo en Abegondo co propósito de "apertar estes partidos que quedan para tentar quedar o máis arriba posible"

O Dépor volveu este mércores 30 de abril aos adestramentos en Abegondo despois da xornada de descanso de onte martes.

Sergio Escudero, na sala de prensa, cre que "o equipo é moi competitivo. É moi difícil gañarnos. É verdade que houbo partidos un pouco mellores, un pouco peores. A liña do equipo foi boa e temos que apertar estes partidos que quedan para tentar quedar o máis arriba posible".

O corpo técnico dispuxo após unha activación con rondos,  fútbol reducido e un partido a tres cuartas partes do campo 2.

Adestráronse á marxe do grupo Dani Barcia, David Mella, Ximo Navarro e Bouldini.

Gauto fai tarefas co grupo no seu proceso de incorporación progresiva e Escudero xa traballou ao 100%: "Teño o alta médica pero tema de contacto e demais non tiven. Para iso vai servir esta semana pero atópome ben e en nada poderá axudar ao equipo", explicou.

Alberto, Mardones e Hugo Ríos foron os representantes de #ANOSACANTEIRA.

Mañá xoves, 1 de maio, Os Nosos adestraranse de novo a partir das 11:00 en Abegondo para continuar coa preparación do partido deste domingo 4 de maio ás 21:00 horas (LaLiga TV Hypermotion) en ABANCA-RIAZOR ante o Albacete Balompié.