RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Óscar Gilsanz: "Nós somos os máximos interesados en gañar o partido, en despedirnos ben de ANOSAFORZA"

Óscar Gilsanz recalcou esta mañá na sala de prensa de Abegondo que "xa non só polos rivais, xa non só pola competición senón por nós mesmos, por #ANOSAFORZA, polo noso Club é polo que temos que pelexar. E despois, evidentemente, todos queremos que a competición transcorra con todos os equipos competindo ao máximo".

Subliña que "para nós xogar en ABANCA-RIAZOR, con #ANOSAFORZA nesta última xornada e despois dos 3 últimos partidos que non fomos capaces de sumar un punto é moi importante despedirnos cunha boa sensación e sobre todo gañando estes 3 puntos en casa; sobre todo por #ANOSAFORZA, por nós mesmos e polo Club".

O técnico deportivista afirma que "todos cando saímos a xogar, eu o primeiro, quero sempre gañar, ser un equipo competitivo, reconocible; e a ninguén lle gusta perder e sobre todo deixar unha imaxe de non competir".

Cre que "a imaxe do equipo nas 30 xornadas que vou facer eu este próximo domingo (ante o Elche CF en ABANCA-RIAZOR ás 18:30) foi boa en xeral. A análise xeral que faga para min mesmo cando acabe a temporada seguramente sexa positivo en 26 xornadas; pero é certo que estas 3 que levamos, coas derrotas, coa sensación de non ser nós mesmos á hora de competir, sempre quédache".

Óscar Gilsanz ponse "na pel dos rivais. Tanto eu na pel dos equipos que se están xogando co Elche CF ese ascenso directo como os rivais ponse na pel do Deportivo que saben que imos querer gañar, a querer acabar a temporada cunha vitoria, cunha sensación boa". "Nós somos os máximos interesados en gañar o partido, en despedirnos ben de #ANOSAFORZA. Sería algo bo para o traballo que fixo o cadro durante o ano", engadiu.

Finalmente admite que "a sensación que che queda o último partido é importante por iso é tan importante para nós este partido. Eu cheguei hai 7 meses, en principio para un partido, como unha persoa de Club para tratar de axudar nesa situación dese momento. Van xa 30 partidos e todo este traxecto para min foi moi positivo polas sensacións que fun recollendo ao longo destes meses".

Queda con que "o equipo necesitaba estabilizarse nunha categoría na que todos temos claro que o Dépor ten que estar con opcións de ascender sempre".

Por conseguinte, marca esta temporada como "necesaria para estabilizar ese proxecto que non vai parar aquí. Hai ese obxectivo que ten que ter sempre o Club que é o de volver a Primera División e era moi importante esta primeira temporada. O outro día lin que dos equipos que ascendían un 60% volvían descender a temporada seguinte".