RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dani Giménez e Domingos Duarte reparten deportivismo no salón Luckia de Carballo

Hoxe mércores 27, o salón Luckia de Carballo foi o escenario dun acto de firmas coa presenza dos xogadores do Real Club Deportivo Dani Giménez e Domingos Duarte. 

Os futbolistas branquiazuis fotografáronse con todos os afeccionados presentes e cos menores de idade nunha zona habilitada na mesma rúa; asinaron e dedicaron postais; e participaron no sorteo dunha camiseta e un balón asinado por todo o cadro entre os clientes do establecemento.

Luckia esta vez foi a escusa para que o RC Deportivo visite Carballo, unha vila que sobresae polo seu deportivismo e que foi berce de moitos dos futbolistas que defenderon a camiseta branquiazul ao longo da súa historia.