RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

David Mella, de regreso do Europeo, incorpórase ao Xuvenil A en Sevilla mañá sábado

Co Fabril, Deportivo ABANCA B, Orzán SD Cadete Feminino, Orzán SD Infantil Feminino, Alevín A, Fabril FC Alevín, Benxamín A e Fabril FC Benxamín xa sen liga, a fin de semana en #ANOSACANTEIRA céntrase nos cuartos de final da Copa de Campións xuvenil e a final da División de Honra cadete.

O domingo 29 ás 12:00, o Xuvenil A medirase ao Real Betis nos cuartos de final da Copa de Campións, que se xogará a partido único na Ciudad Deportiva Luis del Sol de Sevilla, posto que a bética foi a bóla que saíu en primeiro lugar no sorteo realizado esta semana nos locais da Federación Española de Fútbol.

Os verdibrancos quedaron campións do grupo IV da División de Honra con 111 puntos por diante do Granada CF, segundo con 107. En 42 partidos os béticos gañaron 35, empataron 6 e perderon 1. O seu balance goleador é de 113 tantos marcados e 17 encaixados.

O gañador deste encontro accederá á final a catro que se xogará na Ciudad del Fútbol de Las Rozas (Madrid). En semifinais, o vencedor da eliminatoria entre o Athletic Club e a UD Las Palmas será o seu rival en semifinais, o mércores 1 de xuño ás 21:30 horas.

O equipo de Manuel Pablo, que viaxa esta noite por estrada á capital andaluza, defende así o seu título de campión de España ao clasificarse para a Copa de Campións como o mellor segundo dos sete grupos.

David Mella, apeado onte en cuartos de final do Campionato de Europa sub-17 por Portugal, viaxa directamente da concentración da selección española en Israel a Sevilla.

A intención do Dépor é que o internacional branquiazul adéstrese mañá sábado ás 12:00 na Ciudad Deportiva José Ramón Cisneros Palacios, do Sevilla FC, co resto dos seus compañeiros.

Aquí en Galicia, en Arzúa, mañá sábado 28, os dous mellores equipos galegos cadetes, Dépor e RC Celta, disputaranse o cetro rexional ás 17:30 nunha final a partido único.

Pola súa banda, acaban a temporada o Xuvenil B, subcampión da Liga Nacional, fronte ao Alondras CF (mañá ás 16:30 no Morrazo); e o Orzán SD Xuvenil Feminino, campión do subgrupo 1º de Descenso de Primeira División Galega, ante o Atlántida Matamá (domingo ás 16:00 na Torre).

Finalmente, o Infantil visita mañá sábado ás 12:00 ao Cidade de Ribeira CF na penúltima xornada da Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, subgrupo norte. Os branquiazuis pelexan polo liderado co CD Conxo Santiago.

O calendario de partidos é o seguinte:

Categoría feminina
10ª xornada (última): ORZÁN SD XUVENIL FEMININO - ATLÁNTIDA MATAMÁ, o domingo 29 de maio ás 16:00 na Torre (campo 1)
Clasificación da Fase de Descenso de Primeira División, subgrupo 1º: 1. Orzán SD Xuvenil Feminino (xa campión), 27 puntos; 2. Tomiño FC Femenino e Atlántida Matamá, 19 puntos...

Categoría xuvenil
Copa de Campións, cuartos de final: REAL BETIS - XUVENIL A, o domingo 29 de maio ás 12:00 na Ciudad Deportiva Luis del Sol (Sevilla)

34ª xornada (última): ALONDRAS CF - XUVENIL B, mañá sábado 28 de maio ás 16:30 no Morrazo
Clasificación da Liga Nacional: 1. RC Celta B, 83 puntos; 2. Xuvenil B, 76 puntos; 3. Coruxo FC, 67 puntos...

Categoría cadete
División de Honra, final: RC CELTA - CADETE, mañá sábado 28 de maio ás 17:30 no Viso (Arzúa)

Categoría infantil
9ª xornada: CIDADE DE RIBEIRA CF - INFANTIL, mañá sábado 28 de maio ás 12:00 no Anexo á Fieiteira (Ribeira)
Clasificación da Fase de Ascenso á División de Honra e Título Galego, subgrupo norte: 1. Infantil, 27 puntos; 2. CD Conxo Santiago, 25 puntos; 3. San Tirso SD e Cidade de Ribeira CF, 14 puntos...