RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#ASNOSAS

Dépor ABANCA e Marineda City únense para promover o fútbol feminino durante o partido contra o Real Madrid

Co obxectivo de fomentar vocacións no fútbol feminino entre as novas xeracións, o Dépor e Marineda City se alían no partido contra o Real Madrid CF que se celebrará este sábado a partir das 16.30h en ABANCA-RIAZOR.

Así, o centro comercial máis grande de Galicia proxectará nas pantallas do estadio durante o partido 'O Outro Marcador', que reflectirá a realidade do fútbol feminino en datos, reproducindo o número de mulleres federadas profesionais e non profesionais que hai actualmente en España: 123.948, das cales, tan só 1.471 son profesionais.

En 2023 só un 8,6% das licenzas federadas de fútbol no noso país correspondían a mulleres, segundo o Anuario de Estatísticas Deportivas 2024, elaborado pola Subdirección Xeral de Estatística e Estudos do Ministerio de Educación, Formación Profesional e Deportes.

Ademais, durante o inicio do partido, seis xogadoras sairán ao campo con camisetas que reflectirán a cifra de mulleres e nenas federadas no fútbol feminino que hai en España este 2024 e o resto de xogadoras sairán co número completo. Con esta iniciativa, Marineda City, o centro comercial propiedade de MERLIN Properties, e o Dépor ABANCA queren pór de manifesto a necesidade de que este número creza nun camiño cara á igualdade en todos os ámbitos, tamén na actividade deportiva. 

"Desde Marineda City queremos pór o noso granito de area para promover a igualdade e que o número de mulleres e nenas futbolistas siga crecendo", explica Purificación Berdejo, xerente de Marineda City.

Pola súa banda, Massimo Benassi, conselleiro delegado do RC Deportivo, destaca a importancia do Dépor ABANCA como vector para potenciar o fútbol feminino e os seus valores en Galicia: "A aposta do RC Deportivo polo fútbol feminino é total. Non en balde, é un dos alicerces do Club, e así está recoller dentro do noso plan estratéxico. Cremos no fútbol feminino como factor de cohesión social, e esta afirmación demóstrase día a día co noso compromiso polo seu crecemento e difusión".

Marineda Experience x Dépor ABANCA
Desde o centro comercial queren contribuír ao fomento de vocacións femininas na práctica do fútbol coa posta en marcha da acción 'Marineda Experience x Dépor ABANCA' coas xogadoras, que incluirá a asistencia a un adestramento para coñecer as dinámicas que desenvolve un equipo de Primera División, entradas para o que queda de temporada, unha camiseta asinada para todas elas e a opción de charlar en primeira persoa con futbolistas do Dépor ABANCA nun Meet&Greet que se celebrará en Marineda City en 2025. 

En total, esta iniciativa terá 11 prazas para nenas que se sortearán nos perfís de redes sociais do centro comercial nos próximos días.