RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL
PORTADA

Dépor-Celta B: entrada para socias e socios do Dépor 21-22

O domingo 29 de agosto de 2021 o Estadio ABANCA-RIAZOR acolle a primeira xornada da Primeira RFEF 2021-2022: o Deportivo-Celta B (21:30 h.).

Polo momento, o RC Deportivo non coñece o aforo permitido polas autoridades para o evento polo que, inicialmente, ábrese exclusivamente o procedemento de petición/prerreserva de entradas para persoas socias do Dépor 2021-2022.

As entradas para o debut de Os Nosos como locais en partido oficial poderanse conseguir do seguinte modo:

- Ao ser partido con aforo limitado non se poderá acceder ao Estadio con carné de temporada senón que será obrigatorio solicitar e ter entrada.
- Só poderán solicitar entrada, sen custo, persoas socias do Deportivo 2021-2022 que renovasen o seu carné antes do xoves 26 de agosto ás 12:00 h., data límite para facer la petición/prerreserva.
- A posibilidade de ter entrada debe xestionarse, exclusivamente, a través de reservas.rcdeportivo.es. 
- Todas as acodes socias que renoven o seu abono entre a publicación desta información e o 26 de agosto ás 12:00 h. deberán esperar, polo menos, 12 horas antes de facer a petición de entrada en reservas.rcdeportivo.es, para que o seu abono renovado apareza no sistema de reserva de entradas como autorizado a poder solicitar a súa entrada.
- Unha vez pechado o prazo de solicitudes e coñecido o aforo definitivo do Estadio para o partido, notificarase persoalmente a cada persoa peticionaria de entradas se dispón ou non dela e do procedemento, 100% telemático, para poder recibila, así como de todos os detalles para poder facer uso da mesma para o Dépor-Celta B.