RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
PORTADA

Dépor e Bertamiráns amplían catro anos máis o seu convenio de colaboración

O Real Club Deportivo, a través do presidente Paco Zas, e o Bertamiráns FC, con Rafael Budiño, presidente do Club aurinegro, asinaron esta mañá un novo convenio de colaboración que amplía até a temporada 2022-2023 un acordo de traballo que se estende desde 2015.

A relación entre ambas as entidades xa está a dar os seus froitos. Dous dos xogadores que representaron ao Deportivo en seleccións españolas de categorías inferiores, como Hugo Novoa e David Mella, chegaron ás instalacións de Abegondo procedentes do Bertamiráns.

Na visita dos directivos de ambos os clubs á Cidade Deportiva branquiazul estiveron, ademais, Sergio Penas (director deportivo) e Adrián Alvite (Coordinador do fútbol 8) polo Bertamiráns; e Alberto Méndez (conselleiro), Albert Gil (director de alto rendemento) e Javi Álvarez (director de fútbol formativo) polo Real Club Deportivo.