Dépor, ED Luis Calvo, Sada CF, San Tirso SD e CD Calasanz, rivais do Fabril FC Alevín na Fase polo Título
Deportivo, ED Luis Calvo Sanz, Sada CF, San Tirso SD e CD Calasanz son os rivais do Fabril FC Alevín na Fase polo Título da Primera A Coruña de fútbol 8 que arrinca para o conxunto fabrilista o sábado 16 de marzo ás 12:45 no campo das Mariñas - Andrés Pena de Sada.
O equipo de Jorge Queijeiro accede a esta segunda fase como subcampión do subgrupo 1º.
O formato de competición é de liga todos contra todos a dobre volta. Ao concluír, os 3 primeiros accederán á Fase Intermedia do Campionato Galego.
O calendario do Fabril FC Alevín nesta segunda fase é o seguinte:
Xornada 1 (16/03/2024) Xornada 6 (27/04/2024) Sada CF A Fabril FC Alevín
Xornada 2 (23/03/2024) Xornada 7 (01/05/2024) Fabril FC Alevín San Tirso SD
Xornada 3 (06/04/2024) Xornada 8 (04-05-2024) Deportivo Fabril FC Alevín
Xornada 4 (13/04/2024) Xornada 9 (11/05/2024) Fabril FC Alevín ED Luis Calvo Sanz
Xornada 5 (20/04/2024) Xornada 10 (18/05/2024) CD Calasanz Fabril FC Alevín