Deporte e inglés danse a man na Dépor Experience UK
Este verán, do 11 ao 18 de agosto, arrinca o primeiro Campus Internacional, unha proposta única nas instalacións do prestixioso colexio LVS Ascot, a 40 quilómetros de Londres.
Esta experiencia está dirixida a nenos e nenas de entre 12 e 18 anos residentes en España que buscan moito máis que un campus de fútbol.
Dépor Experience UK ofrece unha combinación perfecta de aprendizaxe de inglés, deporte e cultura, deseñada para deixar unha pegada duradeira nos mozos deportivistas... e tamén nas súas familias.
Os participantes poderán asistir sós ou acompañados de até 2 adultos. Para aqueles familiares que o desexen, existe a posibilidade de aloxarse no campus e gozar do turismo local mentres os mozos viven unha semana de adestramento, convivencia e crecemento persoal.
Unha experiencia enriquecedora e diferente, ideal para crear recordos inesquecibles este verán. Os participantes asistirán ademais a un partido da liga inglesa, realizarán un tour por un estadio da Premier League e visitarán os principais monumentos da cidade de Londres.