Deportivo 0 - Mónaco 5<br>Agre despedida da liga de Campións 04/05
O Deportivo da Coruña perdeu o seu último encontro da liga de Campións 2004/2005 ante o Mónaco por un resultado de cero goles a cinco.
Mediada a primeira parte, cando o partido estaba moi disputado, na súa primeira ocasión o equipo monegasco, Chevanton subía o primeiro gol para o Mónaco.
Cando o Deportivo parecía que podía volver a cogérle o ritmo ao encontro, no 37 Givet aproveitaba un rexeite na frontal tras o saque dun córner para marcar o segundo.
Sen apenas tempo para reaccionar tras o segundo gol do Mónaco, Saviola, no 39, encaraba en carreira a Munúa e marcaba de tiro raso. Chegábase ao descanso.
No minuto 59 da segunda parte Maicon, a saque de córner, remataba o cuarto gol para o Mónaco.
O recentemente entrado ao campo Adebayor, remataba no minuto 70 na liña de gol un bo pase de Chevanton.
Finalizado o partido hai que destacar o fenomenal comportamento dos afeccionados en Riazor que despediron ao seu equipo cantando e animando, mentres os xogadores aplaudían ao público.
Polo Deportivo xogaron de inicio: Munúa, Duscher, Pandiani, Fran, Munitis, Scaloni, Jorge Andrade, Capdevila, Víctor, Pablo Amo e Héctor. Suplentes: Dani Mallo, Manuel Pablo, Romeu, Mauro Silva, Luque, Valerón, Changui.