Deportivo 1 - Bayer Leverkusen 3<br>O Deportivo segundo de grupo
O Deportivo nun mal partido perdía por un gol a tres ante o Bayer 04 Leverkusen e cedía no primeiro posto no grupo D da liga de Campións ao equipo alemán, clasificandose como segundo para os cuartos de final.
O Deportivo non soubo atopar o seu xogo durante a primeira parte, e aínda que se achegou con certo perigo de forma illada, o seu xogo fué moi impreciso e os alemáns levaron en control do xogo sen complicacións.
No 34 da primeira parte, nunha contra moi ben levada por Ze Roberto, Ballack conseguía rematar de cabeza saltando por encima de Mauro Silva, e o balón tocaba no traveseiro e entraba na meta de Nuno, sen que a estirada deste conseguise evitalo.
A segunda parte empezou de igual maneira que terminara a primeira, sen que o Deportivo atopase o seu sitio no campo. Nun saque de córner á esquerda de Nuno, Ze Roberto centra e o balón paséase pola frontal sen que a defensa acerte no despexe. Schneider no segundo pau toca e marca o segundo gol. Ramelow tocaba o balón cando xa entrara.
No minuto 60 Irureta facía un dobre cambio, entraban no campo Sergio e Valerón por Pandiani e Duscher. Posteriormente entraba Tristán por Héctor no 68. Cos cambios o Deportivo íase arriba e no 75 Tristán recibía dentro da área moi escorado e probaba o disparo á media volta, o balón era rexeitado por Placente e descolocaba a Butt, colandose ao segundo pau.
Cando o Deportivo impuña o seu xogo e parecía posible a remontada chegaba o xerro de auga fria. Neuville remataba de cabeza no primeiro pau e o balón coábase entre as pernas de Nuno, era o 1 a 3.
Polo Deportivo formaron de inicio: Nuno, Naybet, César, Mauro Silva, Makaay, Djalminha, Amavisca, Capdevila, Pandiani, Duscher e Héctor.
O Bayer Leverkusen saíu de inicio con: Butt, Nowotny, Ze Roberto, Basturk, Ballack, Lucio, Brdaric, Schneider, Sebescen, Ramelow e Placente.