RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

O colexio Santa María del Mar estrea DéporCampus Cabreiroá

O colexio Santa María del Mar estrea este verán DéporCampus Cabreiroá 2025, que terá lugar nas instalacións do citado centro educativo.

Será nunha única quenda do luns 30 de xuño ao venres 4 de xullo e os alumnos do colexio teñen desconto.

Así pois a Santa María del Mar únense ás 18 sedes que acollen a principal actividade social do RC Deportivo que chega cada verán a través da Fundación.

Até o próximo 15 de xullo está aberta a inscrición nesta nova sede en deporcampus@rcdeportivo.es.

Tamén é posible inscribirse no resto de sedes dos DéporCampus Cabreiroa 2025 excepto para a de Abegondo, esgotada posto que, debido ás obras de modernización na Cidade Deportiva este ano, houbo limitación de prazas.

Así pois os DéporCampus Cabreiroá están formados por un total de 19 sedes nas 4 provincias galegas. Este ano 2025 desenvolveranse, para participantes desde os 6 aos 14 anos (é dicir os nados de 2011 a 2019 incluídos), entre finais do mes de xuño e principios de agosto, independentemente do nivel de práctica ou experiencia futbolística.

Abegondo, Bertamiráns, Boiro, Caranza, Cee, Cuntis, Monforte, Ourense, Santa Comba, Sarria, Silleda, Terras de Maside, Vila de Marín e Zas; ás que este ano 2025 súmanse Lugo, Cedeira, Vilalba, Sada e o colexio Santa María del Mar son agora mesmo as localizacións nas que se desenvolverá a actividade en diferentes semanas do tres meses de verán.

Poden acollerse a descontos as nenas e nenos que participasen en edicións anteriores dos DéporCampus Cabreiroá e da Escola RC Deportivo; os socios ou accionistas do RC Deportivo; xogadores do Club; familias numerosas ou con máis dun membro en paro; familias que inscriban a máis dun fillo; e fillos e fillas de empregados de empresas colaboradoras de cada sede.

Os DéporCampus Cabreiroá empregan o método Dépor, impartido por adestradores do Club; e baseado no respecto polo rival, o xogo limpo e o esforzo.

Toda a información sobre cada sede, quenda, horarios e demais preguntas frecuentes atópase en deporcampus.rcdeportivo.es, onde se pode realizar todo o proceso de inscrición e contacto.

Así mesmo, os interesados en quendas que estean esgotados poden anotarse nunha lista de espera. Para iso deben mandar un correo a deporcampus@rcdeportivo.es cos seguintes datos: Nome e apelidos do participante, teléfono, correo electrónico e quenda/s semanal/is nos que está interesado.