RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
GL

Deportivo 4- Alacante 1<br>Acuña, Amavisca, Tristán e Luque marcan e meten ao Deportivo en cuartos

O Deportivo impúxose por 4 goles a 1 ao Alacante en Riazor no encontro de volta de oitavos de final de Copa do Rei. Acuña, Amavisca, Tristán e Luque marcaron os tantos branquiazuis e clasifican ao Deportivo para cuartos de final, polo que o venres os de I

Na primeira parte houbo claro dominio deportivista, con xogadas de perigo cara á meta defendida por España, e xa no minuto 4, Acuña adiantou ao Deportivo. Despois, empataron os de Argibay por medio de Manolo Pérez e no último minuto do primeiro tempo, Amavisca volvía deixar ao Depor con vantaxe no marcador. Aínda que o Deportivo parecía ter o control, os alacantinos non renunciaban ao contragolpe.
No segundo tempo Tristán converte no minuto 12 un penalti cometido sobre Luque e no 81, Luque anotaba o cuarto gol deportivista só ante o porteiro alacantino.

Os visitantes tan só inquietaron a Dani Mallo con disparos moi afastados e realmente os deportivistas desaproveitaron algunhas ocasións de aumentar a súa vantaxe.

Agora os de Irureta deben esperar ao sorteo do venres para coñecer a súa fortuna en cuartos de final da Copa. Os outros equipos xa clasificados son o Real Madrid, Osasuna, Murcia, Sevilla, Mallorca, Atlético e Recreativo.

Dani Mallo, Manuel Pablo, Mauro, Pablo Amo, Andrade, Capdevila, Acuña, Víctor, Amavisca, Diego e Luque integran o once inicial do Deportivo.
No banco están Makaay, Sergio, Djorovic, Héctor e Juanmi.
O Alacante salta con España, Llera, Germán, Manolo Pérez, David Asensio, Fabio, Toni García, Alvaro, Morante, Salcedo e Torres. No banco, Green, Sergio, Juli, Sendoa e Chema.