O Presidente do Deportivo, Augusto César Lendoiro, e o Director Territorial para Galicia e Asturias do Banco Bilbao Biscaia asinaron a continuación do Convenio de Colaboración para a emisión do cartón Visa-Depor durante cinco anos máis.
O acordo orixinal, que data de 1994, foi pois prorrogado un lustro entre ambas as entidades.
As condicións do acordo son favorables para ambas as partes e por el o Deportivo percibirá un fixo máis unha porcentaxe das comisións que xeran cada compra efectuada co cartón Visa do Deportivo.