Deportivo e Lugo, eliminados da Copa<br>Gañou o Ourense na prórroga: 2-1
O Ourense segue na Copa. Gañou ao Deportivo por 2-1 na segunda parte da prórroga. Moitísimas dificultadse opuxo o Deportivo para que o Ourense pase á seguinte eliminatoria da Copa.
Empregáronse os coruñeses con moita vontade e esforzo, respondendo o Ourense coas mesmas armas con maior profundidade nas súas accións ofensivas, na que a dianteira fallou en múltiples ocasións e noutras Seoane, con grandes paradas, evitou varios goles.
Expuxo Irulegui un partido defensivo, con rápidos contraataques, levados case sempre polo seu perigoso extremo Piño, pero á hora de rematar só se atopaba na área ourensá o ariete Castro, un loitador infatigable durante todo o encontro.
Froito destes contraataques lograron un gol aos 18 minutos. Con esta vantaxe o Deportivo péchase aínda máis na súa parcela e os dianteiros ourensáns chegan constantemente á súa área fallando ocasións claras. Aos 21 minutos un disparo de Pousada é repelido polo traveseiro, aos 33 Pachín entra na área cruzando a pelota demasiado, saíndo rozando o poste. No último minuto deste período un tiro impresionante de Birichinaga é despexado por Seoane pero García, a porta baleira, remata o despexe a gol.
Na segunda parte, aos 15 minutos, un centro de Birichinaga é rematado de cabeza por Chinchurreta e Seoane, en sensacional parada, desvía a córner. Tivo tamén Castro dúas oportunidades de marcar para o equipo coruñés, pero os seus disparos saíron altos...
Terminou o tempo regulamentario con empate a un gol e houbo necesidade de xogar a prórroga...