Unha vez concluída a primeira xornada da segunda volta da liga, xa temos gañador da xornada do Deportivo en Xogo, que xa computa para o premio final da segunda volta.
A gañadora é JOSEFA GÓMEZ ESPANTOSO, que obtivo 239 puntos na clasificación. En segundo lugar quedou JAVIER XUSTO REI, con 231 e terceiro foi JAVIER DOPICO GARCIA, con 227.
A afortunada recibirá unha camiseta do Deportivo. Lembra que xa podes participar na próxima xornada do Deportivo en Xogo na que o equipo deportivista recibirá ao Racing de Santander en Riazor.