RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Deportivo en Xogo Liga: Barça- Deportivo

Unha vez finalizada a 23ª xornada de Liga de Primeira División, na que o Deportivo gañou en Barcelona por 2 goles a 3, xa temos gañador dun balón asinado da xornada do Deportivo en Xogo.

O vencedor é DAVID MANUEL LEIS LAGO, que obtivo 269 puntos na clasificación da xornada, seguido de LEANDRO RASPINO con 259 e terceiro foi DAVID ALVAREZ ELLACURIAGA con 257.

A clasificación xeral ha sufrido cambios ao subir ao primeiro posto PABLO MANUEL MARIÑAS GÓMEZ, que xa suma 834 puntos. A ata agora primeira clasificada, JOSEFA GÓMEZ ESPANTOSO, ten 833 e terceiro na táboa é IGNACIO BANDIN BRANCO tamén con 833 puntos.

Lembra que aínda tes tempo para participar na xornada do Deportivo en Xogo Europa na que o Deportivo recibe ao Galatasaray. A próxima xornada de Liga, o Depor enfrontarase en Riazor ao Real Madrid.