Concluída xa a décimo sexta xornada do Campionato Nacional de Liga na que o Deportivo superou ao Oviedo por tres goles a cero, xa temos gañador da xornada do Deportivo en Xogo Liga
A clasificación da xornada está encabezada por Raúl Cebollada Pacheco, con 262 puntos, seguido por Salomé López do Castelo Díaz, con 248 e o actual líder da clasificación xeral, Xoan López do Castelo, con 247 puntos. Este ve incrementada a súa vantaxe o a clasificación xeral na que ten 2505 puntos, 95 máis que David Díaz Mourote, segundo, e 109 máis que José Bellón Ripoll terceiro na xeral.
Cando faltan 3 xornadas para coñecer ao gañador da primeira volta aínda non hai nada decidido. Tras o parón do Nadal, na primeira semana do 2001 disputarase a decimoseptima xornada na que o Deportivo visitará Valladolid.