Liaño, Josu, Canles. Cal do tres porteiros deportivistas xogará o domingo? É a gran incógnita desta semana.
Unha dúbida que circula entre os afeccionados e posiblemente tamén na mente de cada un do tres gardametas branquiazuis.
O único que o debe ter claro é o técnico do equipo, Arsenio Igrexas, aínda que de momento, no adestramento de onte non deixou entrever cal será o titular.
O adestrador e o seu segundo, Carlos Ballesta, traballaron coas metas do equipo mentres José Ángel Franganillo realizaba uns exercicios de estiramento co resto do persoal.