RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content

Derby da máxima rivalidade

O Racing, aspirante á promoción, ante un Deportivo que espera consolidar a súa posición de líder. Ambiente extraordinario no Ferrol e a súa comarca e afluencia de seguidores branquiazuis.

O ambiente non podía ser distinto. Respírase na nosa cidade o clima dos grandes acontecementos futbolísticos. Certamente, non é para menos, porque se a visita do Deportivo a feudo ferrolán mobiliza sempre unha gran masa de afeccionados, nesta ocasión dáse a especial circunstancia de ser a primeira visita deportivista dentro da terceira división e nun encontro crucial para as posibilidades futuras de ambos os onces.

Ademais, os deportivistas chegan empolicados ao primeiro posto da táboa e con firmes propósitos de bater ao Racing para manter a súa privilexiada posición.