RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
#OSNOSOS

Derrota pola mínima do Dépor ante un Watford máis efectivo

O Dépor caeu pola mínima (1-0) en Vicarage Road ante o Watford no primeiro dos dous partidos que se xogarán en Inglaterra, terceiro da pretemporada.

Decidiu o encontro un tanto de Grieves aos 19 minutos de partido.

A xornada en Londres arrincou coa boa noticia das fichaxes de Quagliata e Gragera. O italiano tivo ocasión debutar na segunda metade ao entrar por Escudeiro no carril zurdo.

Antonio Hidalgo dispuxo o esquema habitual nesta pretemporada; é dicir, un once con 3 centrais (Lucas Noubi, Samu e Dani Barcia), 2 carrileros (Luismi Cruz e Escudero), 2 mediocentros (Villares e Patiño), con Luis Chacón, Yeremay e Eddahchouri como xogadores máis ofensivos.

Os deportivistas arrincaron ben o encontro, con boas chegadas á área rival.

Así, aos 15 minutos, Eddahchouri recibe na área e xuta raso pegado ao pau dereito da meta de Selvik.

Catro minutos despois chegou o tanto de que decidiu o partido. O Dépor equivócase na saída de balón, Grieves recibe na área deportivista, dibla con algo de fortuna a Dani Barcia e bate a Helton Leite no un para un.

Ao descanso chegouse con 1-0 e sen máis achegamentos de perigo.

Após o paso polos vestiarios, comezou o Watford achegándose a Helton Leite sobre todo en accións por banda dereita. Iso si, sen crear perigo.

No entanto, puido empatar Yeremay nun man a man coa meta Selvik após un gran pase de Patiño. O 10 deportivista fallou ante o porteiro inglés, que desbaratou a xogada.

Á hora de xogo arrinca o carrusel de cambios aínda que o Dépor non variou o seu debuxo táctico.

Antonio Hidalgo deu entrada a Mella, Petxarroman, Arnau Comas, Cristian Herrera, Mario Soriano, Rubén López, Bouldini e Quagliata.

Foi o canteirán Mella o que portou até o final do choque o brazalete de capitán que levara Villares desde o inicio.

A mellor opción da segunda parte dos ingleses foi para Ngakia, que após unha cabalgada en solitario plántase no bordo da área. O seu disparo, raso, márchase lamiendo o pau dereito da portería do Dépor.

Os últimos minutos foron máis de dominio deportivista en busca do empate con Mella como principal estilete. Faltou precisión na zona de ataque para polo menos rabuñar un empate.

Watford: Selvik, Pollock (Keben, min. 32), Kjerrumgard (Semedo, min. 60), Louza (Dele-Bashiru, min. 70), Vata (Sissoko, min. 46), Kyprianou (Dwomoh, min. 60), Bóla (Kamga, min. 70), Abankwah (Mullins, min. 70), Baah, Grieves (Doumbia, min. 46) e Andrews (Ngakia, min. 60)

Deportivo: Helton Leite, Luismi Cruz (Mella, min. 60), Lucas Noubi (Petxarroman, min. 60), Samu (Damián Canedo, min. 75), Dani Barcia (Arnau Comas, min. 60), Escudero (Quagliata, min. 60), Patiño (Denis Genreau, min. 75), Villares (Cristian Herrera, min. 60), Yeremay (Mario Soriano, min. 60), Luis Chacón (Rubén López, min. 60) e Eddahchouri (Bouldini, min. 60)

Árbitro: Gavin Ward. Amoestou a Quagliata (min. 67)

Goles: 1-0 Grieves (min. 19)

Incidencias: partido amigable disputado en Vicarage Road cunha nutrida representación de #ANOSAFORZA