RCDeportivo RCDeportivo RCDeportivo
Skip to main content
RCDEPORTIVO

Deseña o vaso oficial do Dépor

Desde o RC Deportivo queremos que #ANOSAFORZA deixe a súa pegada en ABANCA-RIAZOR creando o deseño do vaso oficial que acompañará a milleiros de afeccionados branquiazuis en cada partido.

Se queres formar parte desta iniciativa promovida por Gestán Conteco xunto co RC Deportivo, participa co seguinte formulario na creación do deseño do próximo vaso do Dépor que atoparás nas barras de ABANCA-RIAZOR.

A túa creatividade pode formar parte do estadio. 

Se o teu deseño é seleccionado, aparecerá nos seguintes vasos que se vendan nos puntos oficiais de ABANCA-RIAZOR.

Aquí tes un exemplo da área de deseño do último vaso do Dépor.

As normas básicas de participación son as seguintes:

-O deseño debe axustarse a unha área de 223 × 106 mm.

-O deseño debe ser vectorial.

-Debe estar feito cunha soa tinta (unha cor sobre fondo branco).

-O deseño debe deixar un espazo en branco de 20x20 mm para que o Dépor poida incluír o código QR correspondente a esa campaña, tal e como se mostra no exemplo.

-O ficheiro final debe enviarse en formato PDF.

Ao pé destas liñas tes un exemplo de 'mockup' do último vaso do Dépor.